viernes, octubre 13, 2006

Arquitectura silenciosa...

"Ó longo da miña obra coido que fun deixando de lado cuestións banais, formas gratuítas, materiais inútiles, xestos innecesarios, non escoitar falsos cantos de serea, resistir múltiples tentacións, apartar todo aquilo que puidese ser accesorio, desprenderme de todo o que non resista a proba da necesidade, quedar só co esencial, aproximarme ó misterio, procurando a transcendencia da linguaxe cara ó silencio. Un silencio logrado como vontade de disolve-la propia voz individual no vasto territorio anónimo da Arquitectura.

Esta é a arquitectura que me gusta e na que me recoñezo plenamente. Cada vez máis núa, cada vez máis sinxela, cada vez máis transcendente, cada vez máis persoal e á par menos personalista. Máis ligada por secretos lazos á Historia e á Xeografía procurando o encontro coa Cultura e coa vida, máis alá do tempo e do lugar no que se produce"


César Portela

Dpssier de prensa de la Exposición "César Portela. Arquitecto"